Novas de Castrelo
- Xoves, Mércores, 15 de Abril do 2026
Segundo a Resolución do 28 de abril de 2020 a Xunta permite solicitar queimas por razóns fitosanitarias en explotacións agrícolas profesionais e reactiva a obriga de xestionar a biomasa nas faixas próximas ás vivendas.
Os que se despracen para realizar queimas ou limpar faixas deberán levar consigo unha declaración responsable para xustificar as súas actuacións.
A Consellería do Medio Rural suspende o prazo legal para cumprir a obriga de limpar as faixas secundarias (as dos 50m. máis próximos ás vivendas). Á data límite do 31 de maio engádese os días que levamos de estado de alarma, de xeito que o prazo prolóngase ata o 16 de xullo de 2020, incluído.
No relativo ás queimas as solicitudes remitiranse por correo electrónico aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas Territoriais da Consellería Medio Rural, incluíndo unha declaración responsable que xustifique a necesidade de queima por razóns fitosanitarias.
Na solicitude indicarase:
- Concello, parroquia e lugar.
- Número de polígono e parcela do SIXPAC.
- Datas nas que se pretende realizar a queima.
- Número de inscripción no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA).
- Número de persoas que comporán o equipo da queima (mínimo 2 persoas).
As autorizacións recibiranse igualmente por correo electrónico.
As persoas que se despracen para limpar as faixas secundarias deberán levar consigo unha declaración responsable na que se indique:
- Finca.
- Identificación da parcela.
- Referencia catastral.
- Apeiros e ferramentas necesarios para este labor.